Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de decembro de 2024

Gonzalo Castro aposta por un turismo de calidade e sostible na Coruña nunha xornada estatal organizada pola CEOE

O concelleiro de Cultura e Turismo lembra que o Goberno de Inés Rey está a avanzar na ordenanza de vivendas de uso turístico mediante un proceso participativo

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou esta mañá na xornada 'De escuchar a hacer juntos un turismo mejor', organizada pola CEOE (Confederación Española de Organizacións Empresariais) en colaboración coa Mesa do Turismo da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). O obxectivo desta iniciativa é afondar nas diferentes ideas que teñen as administracións para levar a cabo accións e avanzar cara un turismo máis sostible, competitivo e inclusivo.

Gonzalo Castro participou na mesa-coloquio titulada 'Entidades locales: Hacia un equilibrio sostenible del turismo en nuestros destinos', xunto á alcaldesa de Torremolinos, Margarita del Cid, a concelleira de Turismo de Madrid, Almudena Maíllo, e o alcalde de Pollença, Martí Xavier March. Exerceu de moderadora a directora xeral de Igualdade e Políticas Locais da FEMP, Cristina Montalvá.

Castro sinalou que o turismo é "un elemento positivo de xeración de economía, servizos e de calidade de vida', pero é necesario desde as administracións "buscar a calidade e non a cantidade" para conseguir que cidades como A Coruña sexan destinos sostibles. "Debe haber un entendemento entre as diferentes administracións para construír un turismo pensado e adaptado á nosa cidade", apuntou.

Durante a mesa falouse de cada caso concreto das cidades representadas. Castro destacou a "diversidade da aposta turística coruñesa" grazas a catro eixos: o monumental, coa Torre de Hércules como símbolo e único faro romano en funcionamento no mundo; o paisaxístico, co paseo marítimo máis longo da Europa continental; a gastronómica, cunha aposta pola calidade e apoio ao produto de proximidade; e a cultural, cun impulso á programación cultural que converte á Coruña no gran referente do noroeste.

Durante o coloquio un dos temas tratados foi o impacto sobre o sector e as cidades das Vivendas de Uso Turístico (VUT). Castro destacou o traballo levado a cabo polo Goberno de Inés Rey para elaborar unha ordenanza que regule este tipo de aloxamentos turísticos na cidade, contando cos diferentes axentes implicados nun proceso participativo e público. "Esta ordenanza permitiranos regular a expansión destes negocios para mellorar a súa convivencia tanto coa cidadanía como cos sectores económicos", indicou.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión