22 de setembro de 2023
O congreso celébrate hoxe e mañá con conferencias e actividades na Fundación Luis Seoane
O concelleiro da área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, interviu na apertura da terceira edición do congreso internacional 'Artes pola paz' que se celebrará entre hoxe e mañán na Coruña con diferentes actividades na Fundación Luis Seoane, o Teatro Colón e a Casa Museo Picasso. O concelleiro estivo acompañado pola presidenta da Fundación Luís Seoane, Silvia Longueria, e José María Mesías-Lema, director ddo Grupo de Investigación Arte-facto da UDC, quen destacou a colaboración do Concello da Coruña na realización do congreso.
Gonzalo Castro agradeceu a vinculación desta terceira edición ao artista Pablo Picasso no marco da 'Celebración Picasso 1973-2023', con motivo do 50.º aniversario do falecemento do artista malagueño. "É de xustiza reivindicar a Picasso como figura coruñesa no marco deste congreso que fala da vinculación da paz e da arte, dúas cuestións que reflexan a súa vida e obra artística" sinalou. O congreso continou coa conferencia en liña 'Entremedias: interseccións e sostibilidade cultural', da música, escritora, educadora e produtora Cristina Pato.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible