Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de novembro de 2024

Guitarricadelafuente actuará o 24 de maio no Coliseum, na súa única parada en Galicia

O artista anunciou a súa nova xira e a saída á venda das entradas para o vindeiro luns 2 de decembro

A Coruña será a única cidade galega que acollerá un concerto da nova xira de Guitarricadelafuente. O artista actuará o 24 de maio no Coliseum, nunha das primeiras paradas desa nova serie de concertos que percorrerá as principais cidades do país.

As entradas para esta actuación estarán dispoñibles a partir do luns 2 de decembro ás 10.00 horas a través de Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense. "O Goberno de Inés Rey segue apostando forte para que A Coruña sexa o gran motor cultural e musical do noroeste, con eventos de gran relevancia case todas as semanas", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

Álvaro Lafuente, coñecido artisticamente como Guitarricadelafuente, regresará aos escenarios en 2025 cunha xira que percorrerá as principais cidades de España. Este circuíto non só marcará o lanzamento do seu novo álbum, senón que tamén ofrecerá unha experiencia única para os seus seguidores, cun repertorio que combinará temas inéditos con algúns dos grandes éxitos que o consolidaron como un dos artistas máis prometedores da música actual.

A xira, deseñada coidadosamente para conectar de forma directa e próxima co público, ofrecerá concertos exclusivos en recintos seleccionados, garantindo unha atmosfera íntima e única. Guitarricadelafuente pon especial énfase en crear espectáculos singulares, cun formato pensado para destacar a nova etapa que está a vivir na súa carreira.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión