10 de setembro de 2018
Á nosa chegada a primeira planta do edificio estaba completamente en chamas e o edificio envolto en fume, con xente atrapada en varias alturas.
Pouco antes das 21:30 horas, entran varias chamadas á central de bombeiros informando dunha gran fumareda e chamas saíndo polas ventás dun piso na rúa Socorro, 5.
Unha vez que as condicións son favorables para a evacuación das persoas inquilinas do edificio, procédese a baixalos á rúa.
O lume propagouse polas paredes de "barrotillo" o que fixo máis difícil a extinción.
Un retén de bombeiros quedou toda a noite rebando e para apagar os focos do incendio que se podían reactivar.
6 dotacións participaron na intervención, ademais de persoal de Policía Local, 061, Policía Nacional e persoal de Ruínas do concello para avaliar o inmoble e o seu perigo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible