Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de xuño de 2024

Inés Rey: “As bibliotecas municipais son a columna vertebral do día a día dos barrios e a súa veciñanza”

A alcaldesa participou no acto polo 25 aniversario da Biblioteca Municipal de Monte Alto

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou esta tarde no acto conmemorativo polo 25 aniversario da Biblioteca Municipal de Monte Alto. O Concello puxo en marcha un programa de actividades culturais cuxo acto central tivo lugar hoxe. Tratouse dun faladoiro no que participaron persoas de referencia no campo da escritura e da ilustración con vínculos con este centro. Baixo o título 'Biblioteca Municipal de Monte Alto, 25 anos facendo barrio', achegáronse ao espazo Arturo Iglesias (ilustrador), Bea Lema (ilustradora), Emma Pedreira (escritora) e María Canosa (escritora) xunto con Xurxo Souto (escritor e músico), encargado de conducir o acto central das celebracións. 

"As bibliotecas municipais son, xunto aos centros cívicos, a columna vertebral do día a día dos barrios e a súa veciñanza", sinalou a alcaldesa, que destacou que "hai un cuarto de século, Monte Alto sumou unha infraestrutura pública que cambiou en boa medida a vida destas rúas". A rexedora interveu ante o público para presentar o faladoiro central e destacou que en Monte Alto "sempre houbo un nervio cultural moi potente, así como un espírito reivindicativo incesante". Logo do faladoiro presentouse unha peza documental sobre o primeiro cuarto de século da Biblioteca, con testemuñas de entidades, asociacións e persoas usuarias que achegarán experiencias e recordos do espazo así como a influencia que tivo nas súas vidas.

Mañá, mércores 12 de xuño, a celebración centrarase en actividades dirixidas ás familias. Dunha banda estará o espectáculo "O xogueteiro" de Cé Orquestra Pantasma, de tipo infantil-familiar con música e xogos tradicionais. Todas as actividades son gratuítas e con entrada libre ata completar a capacidade.

A programación complétase cunha exposición fotográfica que recolle a memoria dos 25 anos de vida da biblioteca. Ademais, ao longo do mes de xuño, haberá agasallos para as persoas que se acheguen á biblioteca para usar os servizos. Dende un marcapáxinas cunha ilustración da biblioteca, obra do ilustrador coruñés Arturo Iglesias, ata bolsas de tea para levar os libros en préstamo.

Historia da Biblioteca de Monte Alto

A Biblioteca de Monte Alto abriuse ao público o 3 de xuño de 1999 e converteuse na sexta biblioteca da Rede Municipal de Bibliotecas da Coruña. A primeira en abrir as súas portas foi a da Sagrada Familia, o 13 de maio de 1991, seguida da Biblioteca de Estudos Locais días despois. A elas uníronse no 1996 as do Castrillón e Fórum Metropolitano, no 2009 a dos Rosales e no 2012 a do Ágora, que foi a última apertura da rede.

A apertura do espazo en Monte Alto supuxo unha aposta pola cultura e a innovación, xa que foi a primeira biblioteca municipal totalmente informatizada, tanto no servizo de préstamo como na xestión de acceso á colección e á oferta de ordenadores de acceso público. Ademais, foi pioneira en Galicia ao contar cunha aula de informática destinada á formación das persoas usuarias nos temas tecnolóxicos.

Como o centro cultural máis preto da cidadanía, xogou o e xoga un papel fundamental na promoción da lectura e no desenvolvemento do barrio.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión