Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de xuño de 2024

O congreso iniciou esta mañá en Palexco baixo o lema ‘Womens in leadership’, cun programa formado por preto de medio cento de relatoras

Inés Rey: “Co inicio desta edición de Ecosystems 2030 sumamos o noso gran de area para que as mulleres sexan protagonistas”

A alcaldesa chamou á reflexión sobre a visibilidade das mulleres nos materiais didácticos, onde só se representan nun 5% en materias como Ciencias e Humanidades e un 1% nas TIC

A alcaldesa, Inés Rey, interveu esta mañá na apertura da terceira edición de Ecosystems 2030, da que a Coruña é sede permanente dende o ano 2022. "Este é o terceiro ano consecutivo no que A Coruña acolle un evento de reputación internacional que reforza a nosa posición como cidade de referencia no sector das TIC, algo que non é casualidade senón froito dun traballo de continuidade e compromiso conxunto das Administracións públicas e o sector académico" sinalou.

O congreso iniciou esta mañá en Palexco baixo o lema 'Womens in leadership' cun programa formado unicamente por relatoras, concentrado no día de hoxe. En total, case medio cento de profesionais procedentes de diversas partes do mundo con destacadas executivas de empresas e organismos tan recoñecidos como Google, IKEA, Intel, Sony Music, Coca Cola, Oracle, Unicef ou Mapfre ademais de figuras influentes como a ministra de Asuntos Xurídicos de Xordania, Nancy Namrouqa, ou a vicepresidenta da Rede de Solucións de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas, María Cortés Puch.

A alcaldesa chamou á reflexión sobre a visibilidade das mulleres nos materiais didácticos poñendo o foco na necesidade de incluir mulleres nos currículos académicos. Referiuse ao informe da profesora Ana López-Navajas, 'Women's Legacy: Our Cultural Heritage por Equity', sobre mulleres nos contidos da ESO no que se revelaba que as mulleres só representaban o 5% dos materiais didácticos en materias como Ciencias e Humanidades e un 1% nas tecnolóxicas. "Os datos están aí e que explican que hai un baleiro por contar" sinalou. Rey concluiu reivindicando Ecosystems 2030 como revulsivo no liderado feminino: "Co inicio desta edición de Ecosystems 2030 sumamos o noso gran de area para que as mulleres sexan protagonistas".

Na apertura tamén interviron Omar Hatamleh, presidente executivo de Ecosystems 2030; Santiago Roura, subsecretario de Estado de Educación, Formación Profesional e Deportes; e Román Rodríguez, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión