Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de xuño de 2024

Inés Rey comparte con entidades veciñais e empresariais da cidade os avances na Cuarta Rolda

A alcaldesa e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, mantiveron un encontro hoxe en María Pita con distintos colectivos para traballar conxuntamente no deseño dos accesos do futuro viario

A alcaldesa, Inés Rey, mantivo hoxe unha reunión en María Pita con representantes veciñais e empresariais para falar da implantación da Cuarta Rolda, un proxecto impulsado desde o Concello e cuxo proxecto adxudicou recentemente o MITMA. Na reunión participaron Luisa Varela, presidenta da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana, e outros representantes da entidade. Pola parte empresaria, acudiron á cita Belén Rey e Alberto Rodríguez por parte dos empresarios de Vío; Lucía López e Alfredo Candales por parte dos empresarios de Pocomaco, e Begoña López e Teresa Firvida por parte dos empresarios do polígono de Agrela. A alcaldesa estivo tamén acompañada no encontro polo concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage. 

A consecución da Cuarta Rolda foi unha das actuacións impulsadas polo Goberno de Inés Rey durante o pasado mandato, impulso que culminou coa licitación do proxecto, cuxo custo asumirá o Estado a través do MITMA. Desde o Concello estase a traballar xa no deseño dos novos accesos a ese viario que contribuirá a vertebrar o transporte na cidade e que lles dará servizo aos principais polígonos.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión