29 de outubro de 2024
A alcaldesa e vicepresidenta da FEMP foi elexida para formar parte da mesa do Comité Europeo das Rexións
A alcaldesa, Inés Rey, defendeu hoxe en Balatonfüred (Hungría) a necesidade de que as rexións sigan a desenvolver un papel central no desenvolvemento das políticas de cohesión futuras ante o cuestionamento do modelo por parte da Comisión Europea, que avanzou a posibilidade de recentralizar os mecanismos de financiación. Rey, que foi escollida para formar parte da mesa do Comité das Rexións, apostou neste organismo porque os diferentes niveis de goberno (rexional e local) sexan determinantes á hora de desenvolver as políticas europeas "a cohesión social, económica e territorial non é posible sen contar coas rexións como se ten demostrado ao longo dos últimos anos".
A mesa do Comité das Rexións debateu tamén sobre turismo sostible nas rexións con patrimonio natural, aspecto no que a alcaldesa destacou a necesidade de avanzar cara a un turismo sostible e regulado por ser "un dos aspectos que está a tensionar o mercado da vivenda en moitas cidades europeas".
Neste senso lembrou a necesidade de que todas as administracións traballen para regulalo, dentro das súas competencias, como están a facer xa en España moitos concellos como o da Coruña coa ordenanza reguladora de vivendas de uso turistico.
A alcaldesa interviu tamén no debate en nome dos representantes españois para defender unha declaración de apoio e solidariedade co pobo ucraíno que se aprobou por unanimidade polo Comité.
Mesa do Comité Europeo das Rexións
A mesa do Comité Europeo das Rexións é o órgano executivo do Comité, ten un papel político fundamental na elaboración, establecemento e seguimento das prioridades políticas deste organismo. O Comité Europeo das Rexións é a voz das rexións e as cidades da Unión Europea (UE). Representa aos entes locais e rexionais de toda a Unión Europea e asesora sobre as leis novas que teñen un impacto sobre as rexións e as cidades (o 70 % da lexislación da UE).
7 de novembro de 2024
14 de outubro de 2024
14 de outubro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible