Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de marzo de 2020

Inés Rey destaca o labor do alumnado do colexio Francisco Javier para previr o acoso escolar nas súas aulas

A alcaldesa asistiu esta mañá á entrega de diplomas do programa TEI (Titoría Entre Iguais) ao alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria do CEIP Francisco Javier

A alcaldesa Inés Rey asistiu esta mañá no CEIP Francisco Javier á entrega de diplomas do programa de mellora da convivencia TEI (Titoría Entre Iguais) ao alumnado de 3º e 5ª de Educación Primaria.

A rexedora felicitou a toda a comunidade educativa por integrarse por terceiro ano consecutivo no programa, porque esta iniciativa "transcende os libros de texto para levarvos polo camiño do respecto e da tolerancia" e insistiu na importancia de que sexan as propias alumnas e alumnos quen detecten as situacións negativas e se convertan, deste xeito, en "axentes activos" do cambio ao analizar actitudes que non suman na convivencia e que lles serven para previr a discriminación nas aulas e lograr unha escola máis inclusiva.

A alcaldesa destacou o labor realizado polo alumnado ao abordar cuestións que "serven para previr, informar, formar e educar en igualdade", e animouno a seguir nunha senda de respecto á diversidade. "Coido que esta iniciativa vos está axudando a comprender que todos somos distintas e distintos e que precisamente esa é a riqueza do ser humano", dixo.

Sinalou que é necesario traballar en común para modificar estas percepcións erróneas e promover iniciativas deste tipo, "dentro e fóra das aulas para lle axudar a quen está sufrindo acoso ou bullying" e animou a todas e todos a "trasladar á rúa o que aprendestes para que deades exemplo e fagades que os que teñan unha venda nos ollos vexan, a denunciar situacións de humillación e a que levantedes a voz para pararmos estas inxustizas".

No acto da entrega de diplomas, ademais da directora e do profesorado do centro, tamén estiveron presentes o concelleiro de Educación, Jesús Celemín, o inspector xefe do servizo de Xefatura Territorial da Coruña, Iván Mira, o director do Centro de Formación e Recursos, Emilio Joaquín Veiga, e dúas xogadoras do equipo feminino do R.C. Deportivo.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión