Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

31 de mayo de 2024

Inés Rey destaca o traballo das máis de 350 nenas e nenos que expuxeron os seus produtos no mercado do Proxecto Semente

Durante esta tarde de venres as persoas participantes nesta edición amosáronlle á cidadanía na praza de María Pita os seus proxectos

A alcaldesa, Inés Rey, asistiu esta tarde a unha nova edición do mercado do Proxecto Semente, na praza de María Pita. Estivo acompañada pola concelleira da Área de Benestar Social, Yoya Neira, e o concelleiro de Educación, Emprego e Relacións Institucionais, Juan Ignacio Borrego. O mercado estivo formado polos diferentes postos onde máis de 350 nenos e nenas ofrecéronlle á cidadanía os produtos resultantes dos seus proxectos, levados a cabo durante o curso.

O Proxecto Semente, organizado polo Concello da Coruña, está destinado a fomentar os valores do emprendemento, a cooperación e o coñecemento do comercio xusto e da economía social entre os nenos e nenas que cursan entre terceiro e sexto de Educación Primaria e o alumnado de Educación Especial dos centros educativos da cidade. "É moi importante que as próximas xeracións aprendan a traballar xuntos e adquiran valores que poidan aplicar no futuro", indicou Inés Rey.

O alumnado participante no proxecto creou e xestionou empresas baixo a forma dunha cooperativas e, co apoio de docentes de cooperativismo e de traballos manuais, elaboraron ao longo do curso os produtos que venderon nos postos instalados na praza de María Pita.

O día 25 de abril os representantes das 16 cooperativas recibiron simbolicamente a licenza municipal para a venda nun acto oficial no Salón de Plenos do Concello por parte da alcaldesa, Inés Rey. Os sete centros educativos participantes este curso no proxecto son: CEIP Manuel Murguía, CEIP Sal Lence, CPR Hijas de Jesús, CPR Sagrado Corazón, CPR Franciscanos, CPR Grande Obra de Atocha e CEIP María Barbeito.

No mercado venderon os artigos que realizaron as 16 cooperativas escolares: Murgui plants, Papelitos rechulitos, Astrocuarto, MercaMagical, Brecia, Camel, Fasmagyc, Stranger Oceanix, O noso retro, Hawaiano bailón, Multiespacio, Decorarte, Nas GOA Drew, Naturbeito, Minions ao curro e M.B. Shop.

O Mercado contou con monitores, animación e música, e entregouse a cada neno/a unha merenda e un agasallo. "Desde o Concello continuamos fomentando este programa, un dos grandes éxitos da nosa área de Educación, ante o grande éxito de participación e resultados que temos edición tras edición", sinalou Rey.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión