8 de mayo de 2024
O prazo de presentación de candidaturas para dirixir a institución rematará este xoves, 9 de maio
A alcaldesa e o ministro de Transformación Digital y de la Función Pública puxeron en valor os avances do convenio mediante o cal o Concello cederá o edificio da Terraza ao ministerio, para acoller a sede da axencia
A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse hoxe en Madrid co ministro de Transformación Digital y de la Función Pública, José Luis Escrivá. No encontro, que tivo lugar na sede do ministerio, Rey e Escrivá abordaron polo miúdo o calendario de cara á posta en marcha da Axencia Española de Supervisión de Inteligencia Artificial (AESIA) na Coruña.
Neste sentido, o prazo para a presentación de candidaturas para dirixir a institución rematará mañá, xoves 9 de maio. Será xa posteriormente cando o comité de avaliación se reunirá para analizar as candidaturas existentes. A previsión do ministerio é que a nova directora ou director da axencia sexa nomeado antes de finais de mes.
Toda vez se designe á persoa que estará á fronte da dirección da AESIA, comezará o proceso de selección de persoal. Será, previsiblemente, no vindeiro mes de xuño, co obxectivo de que a axencia entre en funcionamento o antes posible.
O edificio da Terraza, unha cesión do Concello ao ministerio
En decembro de 2022, o Goberno de España deu a coñecer a elección unánime da Coruña como sede para albergar a Axencia Española de Supervisión de Inteligencia Artificial (AESIA), que acollerá un edificio histórico da cidade, a Terraza dos Xardíns de Méndez Núñez.
Na súa conversa de hoxe, Inés Rey e José Luis Escrivá destacaron os avances no convenio mediante o cal o Concello cederá a Terraza ao Ministerio de Transformación Digital y de la Función Pública con vistas ao inicio da actividade na AESIA.
18 de junio de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible