Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de maio de 2024

Inés Rey: “O traballo dos bombeiros é fundamental para mellorar, día a día, a atención, seguridade e benestar da nosa cidadanía”

A alcaldesa recibiu hoxe en María Pita ás e aos participantes no XVIII Encontro Nacional de Rescate en Accidentes de Tráfico e Trauma, unha cita que se celebra por primeira vez na Coruña

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu este xoves no Palacio Municipal de María Pita ás e aos participantes na XVIII edición do Encontro Nacional de Rescate en Accidentes de Tráfico e Trauma, un relevante evento formativo que se celebra por primeira vez na Coruña, cunha ampla programación de actividades que, ata este venres, implica a medio cento de equipos de trauma e excarcelación de todo o país, con exercicios e demostracións no paseo do Parrote.

Rey puxo en valor o traballo das e dos bombeiros, "fundamental para mellorar, día a día, a atención, seguridade e benestar da nosa cidadanía", e fixo fincapé na importancia de citas como o Encontro Nacional, "que contribúe á formación e ampliación de coñecementos das e dos profesionais sobre unha labor crucial, que require técnicas, destreza física, habilidades e, sobre todo, un profundo sentido de humanidade".

As xornadas formativas concluirán mañá, día 31 de maio, coas últimas manobras previstas no Parrote, entre as 8.00 e 18.15 horas. Inés Rey convidou á cidadanía a asistir aos traballos e adestramentos que se levarán a cabo no paseo, "ideados para mellorar a resposta ante situacións críticas nas que, en ocasións, hai vidas en risco".

No acto, a rexedora estivo acompañada pola concelleira de Atención Cidadá e Seguridade, Montse Paz, e polo presidente honorario da Asociación Profesional de Rescate en Accidentes de Tráfico e Trauma (APRAT), Pedro Ruíz Escobar, aos que se sumou o director da Área de Seguridade Cidadá do Concello, Carlos García Touriñán.

O XVIII Encontro Nacional de Rescate en Accidentes de Tráfico e Trauma está organizado polo Concello, a Asociación Profesional de Rescate en Accidentes de Tráfico e Trauma, a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros, o corpo de Bombeiros da Coruña e a Fundación Mapfre.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión