29 de enero de 2024
Unha representación do alumnado participante, de 6 a 12 anos, visitou o Salón de Sesións para coñecer a historia das catro mulleres referenciadas nas vidreiras
Rey trasladoulle os parabéns ao equipo directivo do centro polo proxecto e destacou a importancia de potenciar as mulleres referentes
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta mañá a unha representación do alumnado do CEIP María Pita participante no proxecto 'Tripulando en Igualdade' como parte da programación. A rexedora estivo acompañada pola concelleira da área de Benestar Social, Yoya Neira, e o concelleiro de educación, Juan I. Borrego.
A alcaldesa mostroulle as vidreiras localizadas no teito do Salón de Plenos, que conta cos nomes de catro mulleres referentes: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal e María Pita. Rey explicoulle brevemente a historia de cada unha delas para reflexionar sobre o papel das mulleres na historia contemporánea. "Todas elas exercían un papel que non se correspondía co da súa época e grazas a iso hoxe son mulleres pioneiras e referentes para todas nós, abríndonos camiño" explicou a rexedora.
A iniciativa 'Tripulando a Igualdade' é un proxecto coeducativo dirixido ao alumnado de Educación Infantil e Primaria, de 6 a 12 anos, co obxectivo de fomentar a igualdade entre homes e mulleres. Iniciouse no 2017 no CEIP María Pita e foi premiado pola Deputación da Coruña co premio Concepción Arenal e a nivel nacional co 'Premio Irene: la paz empieza en casa', outorgado polo Ministerio de Educación, Deportes e Formación Profesional. Rey trasladoulle os parabéns ao equipo directivo do centro polo proxecto e destacou a importancia de potenciar as mulleres referentes. "Fai falla que coñezamos os seus nomes e as súas historias para que hoxe eu poida estar aquí pero tamén para que vós sexades líderes o día de mañá" concluíu.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible