24 de outubro de 2024
“Desde as institucións públicas e museos temos a obriga de seguir apostando pola ciencia para loitar contra as pseudociencias, a pseudoinformación e as mensaxes negacionistas que fai que sociedade retroceda”
A alcaldesa, Inés Rey, abriu esta mañá a XXIV reunión da Asociación de Museos y Centros de Ciencia y Técnica de España xunto con Luis Alcalá, presidente da Asociación de Museos de Ciencia e Técnica; Verónica Andrade, xerente de Relacións Institucionais de Hijos de Rivera e Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia.
Rey reivindicou o coñecemento científico como ferramenta progresista e de futuro: "Desde as institucións públicas e museos temos a obriga de seguir apostando pola ciencia para loitar contra as pseudociencias, a pseudoinformación e as mensaxes negacionistas que fai que sociedade retroceda".
Así mesmo, destacou A Coruña como cidade científica lembrando a referentes como Isabel Zendal, poñendo en valor o papel da muller no ámbito científico: "É importante reivindicar á muller científica por unha cuestión de pasado e de futuro, por aquelas que foron silenciadas pero tamén para espertar vocacións STEM na nenas de hoxe" sinalou.
16 de novembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible