19 de abril de 2024
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na gala polo 25 aniversario da Escola Municipal de Música, realizada no Teatro Colón. A rexedora estivo acompañada polo concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro. Á gala asistiron o alumnado, equipo docente e persoal da Escola, así como exalumnos e exalumnas e representantes das entidades musicais da cidade.
"A esencia desta Escola non é só formar ao seu alumnado musicalmente, senón que tamén forma persoas, e destaca pola boa convivencia que se respira aquí desde a súa fundación, cun clima de respecto e tolerancia que fai que o seu funcionamento sexa exemplar", indicou Inés Rey durante o seu discurso. A rexedora, acompañada no escenario pola directora do centro, Elena Umbría, entregoulle un agasallo especial a José Antonio Acuña, antigo director e grande impulsor da institución formativa.
"Estou segura de que os seguintes 25 anos serán igual de proveitosos para esta Escola e a cidadanía poderá seguir gozando das súas actuacións nos numerosos eventos que acolle a nosa cidade", sinalou a alcaldesa. A Escola Municipal de Música naceu o 22 de novembro de 1998 e polas súas aulas pasaron máis de 10.000 alumnos e alumnas. Na actualidade conta con máis de 600 persoas matriculadas nas distintas disciplinas do seu plan de estudos.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible