Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de septiembre de 2024

Inés Rey sinala que o Coliseum ‘está entre os cinco mellores recintos’ da ACB

A alcaldesa visitou o adestramento do Básquet Coruña e desexoulles sorte para o seu “histórico debut” na máxima categoría

A alcaldesa, Inés Rey, supervisou esta mañá as instalacións do Coliseum para dar conta das diversas melloras acometidas durante este verán para adecuar este recinto multiusos municipal ás esixencias da liga ACB de baloncesto. A rexedora estivo acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez. Ademais, tamén estiveron presentes os xogadores e corpo técnico do Básquet Coruña, que comezou esta semana os adestramentos no Coliseum, así como Joaquín Aneri, director xeral do club, e outros membros da súa directiva.

"A Coruña e o Concello estamos comprometidos co Básquet Coruña neste momento histórico e así se pode comprobar nestas instalacións, que desde a próxima semana recibirán a milleiros de afeccionados", sinalou a alcaldesa, que agradeceu o labor levado a cabo durante o verán para acondicionar a instalacións ás esixencias "dunha das mellores competicións deportivas do mundo".

O parqué que empregará o equipo coruñés durante a vindeira tempada é o mesmo que usa a selección española nos seus partidos oficiais. Trátase dun pavimento "de nivel internacional" idéntico ao que empregan equipos como o Real Madrid ou o Baskonia. Por outra banda, as canastras son as de mellor calidade que se empregan en Europa, só por detrás das usadas na NBA norteamericana. Ademais, o software de xestión de partidos que se empregará esta tempada será o oficial da FIBA, a federación internacional de baloncesto, o que permitirá ao equipo técnico e arbitral, así como ás persoas asistentes ao partido, coñecer todas as estatísticas de forma clara e precisa. 

Por outra banda, o Coliseum contará cun dos cubos led máis grandes da competición, que se situará na parte central do recinto, sobre a superficie de xogo. Esta estrutura de catro caras e bordes curvos permite reproducir vídeos e animacións de formato circular. "Este elemento só está nos principais pavillóns da liga e de Europa", sinalou Inés Rey. A maiores, haberá dúas pantallas led onde se proxectará o marcador e as estatísticas, tal e como esixe o regulamento da ACB, e un panel publicitario que rodeará o parqué de xogo.

En canto á iluminación, levouse a cabo a instalación completa de diferentes puntos led de baixo consumo que permitirán, ademais do normal desenvolvemento dos partidos, levar a cabo espectáculos e actuacións no previo, durante e tras os encontros, garantindo un "espectáculo total". Ademais, o Concello cede diferentes espazos dentro do Coliseum para o club, como ximnasio, vestiarios, sala de prensa e de vídeo.

Os traballos foron levados a cabo por dúas empresas de referencia nos seus sectores. No caso das infraestruturas baloncestísticas, como o parqué, as canastras e o software dos partidos, a actuación corresponde a SDI Sportfloor & Equipment, con máis de 25 anos de experiencia no sector e cliente principal de equipos como o Real Madrid de baloncesto. Por outra banda, o material audiovisual foi instalado por CEGA, principal empresa galega deste sector.

"A Coruña estará ao nivel da ACB, brindándolle ao Básquet Coruña un recinto que está entre os cinco mellores da competición", sinalou a alcaldesa. Rey desexou sorte ao equipo e felicitouno pola excepcional campaña de aboados que permitirán encher o Coliseum durante este ano histórico. A rexedora tamén incidiu no importante papel da base do club na cidade para fomentar o baloncesto, con máis de 700 nenos e nenas inscritas esta tempada. O Concello tamén colabora co club a través dun convenio nominativo para fomentar esta práctica deportiva.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión