Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de agosto de 2024

Luz verde á construción da nova pista multideporte do barrio dos Rosales

"A previsión é que esta nova infraestrutura acolla catro superficies de xogo, habilitadas para practicar fútbol sala, baloncesto, minibasket e voleibol", apuntou hoxe a alcaldesa, Inés Rey

Este mércores, a Xunta de Goberno Local aprobará a licitación das obras de construción da nova pista multideporte dos Rosales, unha intervención coa que o Goberno de Inés Rey dará resposta a unha demanda da veciñanza do barrio que foi valorada moi positivamente nas convocatorias de Orzamentos Participativos.

A alcaldesa informou esta mañá sobre as principais características deste novo equipamento deportivo, que se construirá en dúas parcelas de titularidade municipal que están situadas entre a estrada dos Fortes e a rúa Simón Bolívar, camiño do monte de San Pedro.

"A previsión é que esta nova infraestrutura acolla catro superficies de xogo, habilitadas para practicar fútbol sala, baloncesto, minibasket e voleibol", indicou Inés Rey.

A instalación contará cun sistema de iluminación, peches perimetrais e tamén interiores, que permitirán independizar espazos e, polo tanto, evitar a interferencia entre as persoas que estean a usar unha pista ou outra. Na contorna da pista tamén haberá unhas bancadas ideadas como un espazo de lecer para as e os usuarios.

Ademais, habilitaranse dous accesos peonís desde a estrada dos Fortes, adaptados a persoas con mobilidade ou visibilidade reducida.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión