Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de octubre de 2024

Luz verde ao novo programa de asesoramento ás persoas arrendatarias, que impulsará o Concello desde este ano para facilitar o acceso á vivenda

Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou inicialmente o Plan estratéxico de subvencións do Concello para o trienio 2024-2026, para atender as necesidades económicas e sociais do tecido asociativo a escala local

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu este mércores a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, na que se aprobou o encargo á Empresa Municipal de Vivenda e Servizos (EMVSA) para que, antes de finais de ano, o primeiro programa de asesoramento ás persoas arrendatarias na cidade da Coruña sexa unha realidade.

O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, lembrou que, no pasado mes de xullo, o Goberno de Inés Rey anunciou a posta en marcha desta iniciativa, atendendo a unha realidade que, "por desgraza, lle afecta á Coruña e tamén a moitos outros concellos galegos e do resto do país: nos últimos anos, o problema de acceso á vivenda en propiedade foise agudizando, e, en paralelo, tamén se incrementou de forma notable o prezo dos alugueiros, con cifras que moi a miúdo son inaccesibles para gran parte da cidadanía". 

Neste sentido, Lage avogou por "equilibrar esta realidade e empregar todas as ferramentas das que dispoñamos para garantir un dereito constitucional: que as persoas poidan contar cunha vivenda digna e adecuada". A este respecto, e antes de que remate este ano, o Concello activará o novo programa de asesoramento ás persoas arrendatarias ou potenciais arrendatarias para facilitar o seu dereito de acceso a unha vivenda, un encargo que asumirá a EMVSA e que terá continuidade tamén no ano 2025.

Información de primeira man

A través do programa, o Concello poderá asesorar a veciñanza en materia de arrendamentos, facilitando toda a información sobre as axudas ao alugueiro que estean dispoñibles e instruíndo as persoas nos dereitos e obrigas básicas que se asumen ao formalizar un contrato de arrendamento.

Isto inclúe, ademais, a posta en coñecemento das posibles situacións e incidencias legais que se poden dar durante a vixencia dun contrato de arrendamento, así como o referente á conservación e ao mantemento da vivenda, os danos a terceiros, as obrigas para coa comunidade de propietarios, desafiuzamentos... Tamén a previsión especial para arrendatarios afectados por minusvalías ou persoas con minusvalías ao seu cargo.

Atendendo ao informe da EMVSA, o Concello prevé reforzar o seu cadro de persoal no eido xurídico, para dar resposta ás necesidades derivadas da posta en marcha do programa.

Pulo ao Plan estratéxico de subvencións 2024-2026

Por outra banda, hoxe deuse luz verde, de forma inicial, ao Plan estratéxico de subvencións 2024-26, unha iniciativa que marca a folla de ruta do Goberno municipal para dar resposta ás necesidades sociais e económicas do tecido asociativo no eido local, cunha perspectiva a tres anos vista.

José Manuel Lage abundou hoxe nos detalles do plan previsto para este trienio, que dá continuidade ao establecido entre os anos 2021 e 2023, "claramente condicionado polo impacto da pandemia da COVID-19". "Entón, tivéronse moi en conta situacións específicas de vulnerabilidade. Agora, o plan para o trienio 2024-26 ten unha perspectiva máis estruturada e non tan conxuntural, aínda que se seguirán tendo en conta as situacións de urxencia que puidesen xurdir a escala local, como non pode ser doutra forma", expuxo o voceiro do Goberno municipal.

Lage detallou os cinco obxectivos estratéxicos que sustentarán o Plan de subvencións establecido ata o ano 2026. O primeiro é a dinamización económica da cidade, con énfase na innovación para a creación de emprego de calidade. "Ademais, atenderase a aspectos como o benestar social para facer fronte a situacións de exclusión e con prioridade, especialmente, ás políticas de vivenda. Tamén se traballará para fomentar iniciativas de renaturalización urbana e mobilidade sostible, fundamentais para loitar contra o cambio climático, e tamén se apostará pola promoción da cultura, o deporte e a divulgación científica a escala local", apuntou o concelleiro.

Entre as liñas de axuda que inclúe o plan hai programas vitais como as Bolsas Comedor, a Renda Social Municipal e as axudas de emerxencia, con partidas que pasan do millón ou os dous millóns de euros por exercicio, en función de cada caso. Tamén o Talón Restaurante, ao que se destinan 600.000 euros cada ano. 

Lage lembrou que, a través deste plan, o Goberno de Inés Rey tamén atende as necesidades das familias e das crianzas. Por exemplo, para que a Federación das ANPA lle dea forma á oferta de actividades educativas, culturais e deportivas en centros públicos, que facilita a conciliación familiar durante a tempada lectiva.

En termos prácticos, o Plan estratéxico de subvencións é unha folla de ruta para facilitar que o Concello dispoña, ano tras ano, dunha análise pormenorizada das necesidades do tecido asociativo e, ademais, para establecer os mecanismos necesarios para axilizar as convocatorias de subvencións co obxectivo de dar unha marxe suficiente para a presentación de solicitudes, alegacións e demais.

Atendendo aos pregos do plan, as bases das convocatorias de subvencións deberán estar aprobadas e publicadas antes de que remate o primeiro semestre de cada exercicio.

O plan, a exposición pública por un prazo de trinta días hábiles

Agora, tras a aprobación inicial do plan, abrirase un prazo de exposición pública de trinta días hábiles, que incluirá reunións sectoriais coas entidades e con todos os grupos políticos da Corporación municipal, "para recoller as súas achegas co obxectivo de que este plan sexa o máis colectivo posible". A versión definitiva deberase ratificar en decembro.

"O noso obxectivo non é outro que facilitarlle á cidadanía o acceso aos recursos públicos e organizar mellor á súa distribución para que cheguen antes ás súas persoas receptoras e lle sexan máis útiles á nosa sociedade", concretou Lage.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión