Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de xullo de 2024

Luz verde ao proxecto para remodelar a pista multideporte do CEIP Víctor López Seoane, en Monte Alto

Como medida complementaria, o Concello rehabilitará, ademais, o peche norte e os valados laterais do colexio. En total, o investimento previsto é de 295.000 euros

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu este mércores a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, na que se deu luz verde ao proxecto para remodelar a pista multideporte do CEIP Víctor López Seoane, no barrio de Monte Alto.

Esta intervención, que recibiu un amplo apoio da veciñanza a través dos Orzamentos Participativos convocados polo Concello, suporá, a grandes rasgos, a demolición do firme actual da pista para acometer, posteriormente a súa renovación, cun novo pavimento.

A esta actuación sumarase, ademais, a instalación dun novo peche da parcela no sector norte do centro educativo, así como a substitución dos peches laterais que hai na actualidade, unha medida necesaria ante a oxidación dos valados, por mor do paso do tempo e o impacto da salinidade e a meteoroloxía adversa.

En conclusión, o Concello prevé levar a cabo un investimento de 295.000 euros para completar este abano de intervencións no CEIP Víctor López Seoane.

Desta forma, o Goberno de Inés Rey reforza o seu plan de medidas para mellorar as infraestruturas dos colexios da Coruña, unha folla de ruta que neste ano inclúe, por exemplo, as obras para ampliar o parque infantil do CEIP San Francisco Javier e a licitación dos traballos para humanizar o patio exterior do CEIP Ramón de la Sagra.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión