21 de decembro de 2024
O proxecto inclúe actuacións nas rúas Pedreiras, Río, San Pedro de Visma, Costa e Barral
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres o proxecto correspondente ao plan de actuacións a executar en San Pedro de Visma para mellorar a mobilidade en diversas rúas do núcleo, onde o Concello ten previsto actuar para crear itinerarios peonís máis accesibles, reordenando tamén os espazos de paso para o tráfico rodado e as áreas de estacionamento, aproveitando para reforzar a sinalización horizontal e tamén acometendo tarefas para canalizar o saneamento e rede eléctrica.
A previsión do Goberno de Inés Rey é intervir nas rúas Pedreiras, Río, San Pedro de Visma, Costa e Barral, así como na plataforma que sobrevoa a Terceira Rolda, diferenciando entre zonas de uso vehicular (ZUV), zonas de uso peonil (ZUP) con itinerarios peonís e tamén de áreas de estadía.
"Isto permitirá adaptar os viarios de San Pedro de Visma aos fluxos de mobilidade do barrio e tamén ás necesidades da veciñanza, porque é preciso ampliar as beirarrúas, renovar os pavimentos, crear novas prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida e mellorar os espazos públicos", explicou onte a alcaldesa.
O investimento previsto, atendendo ao informe técnico do proxecto, é de máis de 250.000 euros. Desta forma, o Concello avanza no seu plan para remodelar e adaptar os espazos públicos de Visma e a súa contorna, mellorando a accesibilidade e reforzando a seguridade viaria, ao igual que xa está previsto facer ao longo da estrada dos Fortes, que conecta Visma cos Rosales.
5 de decembro de 2024
2 de decembro de 2024
12 de novembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible