11 de diciembre de 2024
Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación dos traballos correspondentes á primeira fase de reurbanización e humanización da rúa Sagrada Familia
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu hoxe a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, na que, ao abeiro do plan de melloras previsto nos barrios, se aprobou o proxecto necesario para acometer a repavimentación do firme nas rúas da Silva de Arriba e tamén na Benela, acceso principal á Silva de Abaixo.
"Seguimos a traballar para dar resposta ás necesidades da veciñanza da Silva, e, neste caso, cunha intervención necesaria nos espazos de paso aos núcleos de vivendas, onde actuaremos para mellorar o firme e tamén a súa durabilidade, garantindo un tránsito máis seguro para as veciñas e veciños", apuntou a alcaldesa.
O proxecto estipula un investimento de máis de 90.000 euros nesta actuación, para o que se estima un prazo de execución de dous meses, toda vez se adxudiquen os traballos.
Rey lembrou que, xa a inicios de agosto, o Concello aprobou a saída a concurso das obras de construción da nova zona de ocio infantil na Silva, que posibilitará a creación dunha área de xogos para as crianzas e tamén unha pista multideporte a carón do centro cívico.
A Rolda Peonil avanza agora cara o barrio da Sagrada Familia
As melloras previstas proximamente nos barrios tamén inclúen á Sagrada Familia, que sumará un novo percorrido á Rolda Peonil da Coruña coa reurbanización e humanización da rúa homónima. Tal e como adiantou este luns a alcaldesa, a Xunta de Goberno Local adxudicou hoxe á UTE Jardinería Arce - Manuel Rivas Boquete os traballos para actuar no treito comprendido entre as rúas Nosa Señora da Luz e San Xaime, onde se intervirá nunha superficie de máis de 1.600 metros cadrados, transformando a calzada e as beirarrúas nunha plataforma única e creando un tramo de prioridade peonil.
Tamén se renovará a rede de saneamento, iluminación pública e pluviais, dotando a rúa dunha infraestrutura renovada tanto na parte visible coma na soterrada.
O Goberno de Inés Rey destina máis de 673.000 euros á intervención, que ten unha duración estimada de sete meses, a dividir en tres fases.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible