20 de agosto de 2024
O Concello colabora na organización do evento, que terá lugar nas instalacións do Sporting Club Casino, na Zapateira. Clubs galegos, rioxanos e andaluces disputarán o título ata este domingo
Uns 120 deportistas participarán esta semana na XIII edición do Torneo de Waterpolo Cidade da Coruña, unha cita que terá lugar desde mañá e ata este domingo 25 nas instalacións do Sporting Club Casino, na Zapateira, coa colaboración do Concello.
Sete equipos disputarán o torneo, con 45 partidos previstos durante cinco días. A maior parte dos clubs son galegos, da Coruña, Ferrol, Lugo e Vigo. Á loita polo título sumaranse outros dous, procedentes de Cádiz e a localidade rioxana de Villamediana de Iregua. Os encontros terán lugar sempre en horario matinal, de 10.00 a 14.00 horas.
Ademais, a programación deportiva do torneo combinarase con actividades culturais e de ocio para os clubs que participan nesta cita. A este respecto, o Goberno de Inés Rey facilitou que tanto os deportistas coma as súas familias poidan visitar ao longo destes días puntos coma os Museos Científicos Coruñeses e o Castelo de San Antón, así como outros lugares de interese na cidade.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, destacou a relevancia deste torneo no calendario deportivo estival da cidade, e fixo fincapé na importancia de "achegar disciplinas coma o waterpolo ás xeracións máis novas, visibilizando tamén os clubs e as instalacións das que dispoñemos na cidade para a súa práctica".
25 de agosto de 2024
25 de agosto de 2024
23 de xullo de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible