19 de novembro de 2018
Será o mércores 28 de novembro no Fórum Metropolitano, en el marco del XXV Congreso Autonómico SEMES Galicia
Realizaranse dúas sesións: ás 9:30 horas e ás 11:30 horas. Cada sesión terá unha duración dunha hora aproximadamente e con capacidade para 75 alumnos/as.
A reanimación cardiopulmonar ou RCP é un procedemento de salvamento que se realiza cando nos atopamos cunha vítima en parada cardiorrespiratoria. A formación en RCP básica para a poboación é unha das medidas que demostraron ser máis efectivas para aumentar a supervivencia ante unha parada cardíaca, xa que o 80% delas prodúcense fóra do ámbito hospitalario.
Esta formación realízase no marco do XXV Congreso Autonómico SEMES Galicia que se realizará na Coruña, os días 29 e 30 de novembro, organizado polo Servizo de Urxencias do CHUAC e a Sociedade Española de Urxencias e Emerxencias (SEMES), que representa a máis de 11.000 profesionais do mundo da medicina de urxencias e emerxencias do noso país e en Galicia conta con máis de 500 profesionais.
26 de setembro de 2024
23 de setembro de 2024
18 de setembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible