Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de marzo de 2020

Medio Ambiente aproba as normas en relación cos animais de compañía e colonias felinas de aplicación durante o estado de alarma

As medidas anúncianse seguindo as recomendacións elaboradas pola Dirección Xeral de Dereiros dos Animais do Ministerio de Dereitos Sociais

Seguindo as recomendacións elaboradas pola Dirección Xeral de Dereitos dos Animais, dependente do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, a Concellería de Medio Ambiente acaba de aprobar as seguintes pautas en materia de animais de compañía durante o estado de alarma:

I. Saída con cans á vía pública. Está permitido saír do domicilio co fin de sacar a pasear aos cans, debendo observarse en todo momento as seguintes medidas:

1) Os cans deben ser paseados, na medida do posible, polos seus propietarios e propietarias. Será obrigatorio levar a documentación identificativa do animal debido a que os axentes de policía poderán solicitala.

2) A saída será polo tempo estritamente necesario para cubrir as necesidades fisiolóxicas do can.

3) Os cans irán permanentemente suxeitos con correa, e evitarase en todo momento o contacto con outros cans e/ou persoas. Non poderán deixarse soltos en ningún espazo público nin privado de uso público, nin en espazos privados con fácil acceso desde a vía pública.

4) Ao sacar ao can á vía pública deberá levarse unha botella de auga con deterxente para limpar os ouriños, así como bolsas para recoller as deposicións.

II. Alimentación de colonias felinas. Autorízase ás asociacións de voluntarios e voluntarias que actualmente xestionan as colonias felinas existentes no termo municipal para que acudan a alimentar aos gatos das súas colonias, debendo observar en todo momento as seguintes normas:

1) Só se autoriza a unha persoa por cada asociación e/ou colonia felina para acudir a alimentar aos gatos, respectando as normas establecidas nos convenios, relativas a lugar de alimentación, clase de alimento e medidas de limpeza e hixiene.

2) A alimentación dos gatos realizarase preferiblemente en horarios de menos afluencia, e tratarase de espaciar o máximo de días posibles, sen que caiba a alimentación diaria.

3) Evitarase todo contacto cos animais, salvo que excepcionalmente sexa necesario, nese caso observaranse as medidas de hixiene posteriores.

4) Non se permite a caza de gatos para esterilización ou tratamentos durante a vixencia do estado de alarma.

A Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade achegaralles ás asociacións e persoas voluntarias que están a cargo das colonias felinas unha autorización para se identificar en caso de ser requeridos polas forzas de seguridade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión