Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de abril de 2020

Medio Ambiente desinfecta máis de 800 colectores do lixo ao día para evitar a propagación do Covid-19

A concesionaria de conterización reforzou e mellorou o servizo de limpeza e desinfección dos contedores en todos os barrios da cidade

A Concellería de Medio Ambiente, en colaboración con varias empresas, reforza os labores de desinfección da cidade. A empresa concesionaria do servizo de contenerización (UTE Atlántica) reforzou e mellorou o seu servizo de limpeza e desinfección de todos os colectores da cidade, para contribuír con estes novos equipos á desinfección xeral da cidade. Cada día desinféctanse entre 750 e 800 colectores orgánicos e inorgánicos, e entre 50 e 60 soterrados e semisoterrados.

Á súa vez, a empresa construtora Desarrolla ofreceuse desinteresadamente para se sumar aos servizos de desinfección de espazos públicos que xa veñen desenvolvendo as tres empresas contratadas pola Concellería de Medio Ambiente desde o inicio do estado de emerxencia. Os seis equipos da empresa Desarrolla realizarán o seu traballo de desinfección na vía pública e mobiliario urbano ao longo dos dez distritos en que se dividiu a cidade para realizar esta tarefa. Dentro de cada distrito, daráselles preferencia aos lugares onde exista maior tránsito de persoas: supermercados, entidades bancarias, centros de saúde, paradas de autobús, residencias de maiores etc.

Este traballo complementará o que xa levan a cabo os equipos contratados por Medio Ambiente e que desenvolven a súa tarefa diariamente nos mercados municipais, pavillón dos deportes de Riazor, Cociña Económica, Cáritas, Padre Rubinos, centros sociais, CEIP e escolas infantís, instalacións deportivas, María Pita etc. Son traballos que se realizan desde as 7.00 h da mañá até as 00.15 h da noite. Os dous primeiros distritos que abordará Desarrolla, en función da densidade poboacional, para seren desinfectados, serán o distrito 8 (Catro Camiños, San Diego, Os Castros, Os Mallos, Juan Flórez e A Sardiñeira) e o distrito 9 (Paseo das Pontes, Riazor, Labañou, Cidade Xardín e Ventorrillo) mais ningún barrio da cidade quedará sen desinfectar, posto que se desenvolverán estes traballos en todos eles.

Tamén se desinfectarán os arredores de todos os centros sanitarios, como o Abente y Lago, centro de especialidades do Ventorrillo, centros de saúde, Teresa Herrera etc.

Desde a Concellería de Medio Ambiente, agradécese tanto o ofrecemento desinteresado desta empresa da construción como o magnífico traballo que están a desempeñar os equipos das empresas contratadas pola concellería.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión