Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de setembro de 2017

Mercadillos urbanos A Coruña

Dentro dos programas municipais de dinamización comercial levaranse a cabo os Mercadillos urbanos que a Concellería de Emprego e Economía Social realizará en seis barrios da cidade.

Seguindo a campaña que se iniciou o ano pasado para dinamizar o comercio de proximidade o día 2 de setembro comezarán os Mercadillos urbanos.

Para a súa organización o Departamento de Promoción Económica e Comercio conta coa colaboración do tecido asociativo comercial xa que un dos obxectivos é fortalecer a relación das persoas residentes co comercio do seu barrio.

Nos Mercadillos, ademais de exhibición e venda de produtos, haberá animación, música en directo, xogos e outras actividades infantís.

Debido á grande aceptación do ano pasado, tanto para os/as comerciantes como para o público asistente, a concellería decidiu ampliar a realización de cada mercado dun día a dous.

Lugares e datas de realización: parque de Eirís (2 e 3 de setembro), Ángel Senra (16 e 17 de setembro), praza María Casares (23 e 24 de setembro), praza de Tabacaleira (30 de setembro e 1 de outubro), Campo da Leña (7 e 8 de outubro) e praza das Conchiñas (20 e 21 de outubro). Todos os mercadillos estarán abertos de 12.00 a 20.00 horas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión