10 de decembro de 2024
Destacou o impacto positivo que ten na vida das persoas usuarias e as súas familias
A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade visitou hoxe o servizo de teleasistencia municipal, xestionado pola Cruz Vermella
A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, visitou esta mañá as instalacións do servizo municipal de teleasistencia, xestionado pola Cruz Vermella. Acompañada do presidente provincial da entidade, Manuel Viqueira, a edil puido coñecer de primeira man o funcionamento do servizo e os avances deste recurso esencial que atende a máis de 2.200 persoas na cidade.
Canosa salientou a importancia deste servizo para combater a soidade, previr situacións de risco e ofrecer unha resposta inmediata ante emerxencias: "Este é un exemplo claro de como as políticas sociais poden transformar vidas, proporcionando seguridade, compañía e apoio a quen máis o necesita". Ademais, destacou que "o noso compromiso é seguir mellorando este recurso, adaptándoo ás necesidades cambiantes da poboación e garantindo o seu acceso universal".
O servizo de teleasistencia municipal combina tecnoloxía avanzada con atención humana personalizada. Entre as súas funcións destacan a resposta inmediata ante emerxencias, o seguimento a través de chamadas programadas e o uso de dispositivos como detectores de caídas, gas ou fume, que incrementan a seguridade nos fogares das persoas usuarias.
Os datos do servizo amosan o seu alcance e relevancia:
Canosa tamén subliñou que o servizo é gratuíto para as persoas usuarias, grazas a un investimento anual de 265.000 euros por parte do Concello. Ademais, reivindicou a tele asistencia como unha ferramenta esencial na detección e atención de persoas en situación de soidade non desexada, un dos eixos prioritarios do Goberno de Inés Rey en materia de Benestar Social.
O impacto social deste recurso vese reforzado pola súa capacidade de actuar como ponte entre as persoas usuarias, as súas familias e os servizos sociais municipais, contribuíndo a unha cidade máis inclusiva e solidaria. "A atención inmediata e personalizada fai deste servizo un alicerce fundamental para a calidade de vida das persoas maiores e en situación de vulnerabilidade", concluíu a concelleira.
12 de decembro de 2024
10 de decembro de 2024
3 de decembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible