Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de novembro de 2024

Nereida Canosa destaca a importancia de avanzar cara a unha contorna dixital máis segura, “na que as redes sociais reflictan valores de respecto e solidariedade”

A concelleira participou este xoves nas terceiras Xornadas Sinracxen, impulsadas pola oenegué ACCEM, que presentou unha nova ferramenta para a prevención de discursos de odio en redes sociais

A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, participou hoxe nas III Xornadas Sinracxen, unha iniciativa impulsada pola oenegué ACCEM que tivo lugar esta mañá na Casa Museo Casares Quiroga, e na que a entidade presentou unha ferramenta para a prevención de discursos de odio en redes sociais.

Canosa puxo en valor esta proposta, apuntando que "representa un avance fundamental, que tamén brinda unha oportunidade para educar a nosa mocidade no uso responsable das redes, unha prioridade a día de hoxe". Nesta xornada informativa de ACCEM, que tratou as múltiples caras da discriminación, fíxose fincapé precisamente na importancia de avanzar cara a unha contorna dixital máis segura, "na que as redes sociais, do mesmo xeito que as nosas rúas, reflictan os valores de respecto, empatía e solidariedade".

No acto, ademais da concelleira, participaron tamén a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o responsable territorial de ACCEM en Galicia, Daniel Bóveda, que abriron camiño a un coloquio no que tomaron parte diversos representantes de entidades sociais e tamén do sector docente. Foron Soledad Lucero de 'Movilidad Humana', Natalia Duré do 'Proyecto Gadea', Cristina Botana, pertencente ao departamento de Xeografía da USC, Lorena García da oenegué Viraventos, Zinthia Álvarez de 'Mujeres negras que cambiaron el mundo' e Eduardo Búa do 'Servicio de Asistencia y Orientación a Víctimas de Discriminación Racial o Étnica'.

Xa a continuación, Daniel Alejandro Barrera e Beatriz Iritia, técnicos de sensibilización de ACCEM, presentaron a nova ferramenta dixital para a prevención de discursos de odio en RRSS, que terá aplicación, especialmente, no eido educativo.

A este respecto, Nereida Canosa incidiu en que "estamos a vivir un momento no que as redes sociais amplifican tanto as voces de unión como as de odio. Con todo, debemos ser conscientes de que a desinformación e as mensaxes de odio que circulan nestes espazos non xorden de maneira espontánea. Estes discursos implúlsanse forma intencionada por colectivos e organizacións que os disolven e agochan no anonimato colectivo, xerando unha polarización perigosa. O obxectivo de quen os difunde é dividirnos como sociedade, vulnerar os nosos principios de convivencia e sementar medo e hostilidade, especialmente cara a aqueles colectivos que consideran diferentes ou menos dignos".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión