18 de septiembre de 2024
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación interveu na apertura deste encontro que reúne a persoas expertas de todo o país
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Nereida Canosa, participou esta tarde na apertura das XXII Xornadas Internacionais sobre Asociacionismo nos Programas Universitarios de Maiores, que se realizarán entre hoxe e o sábado 21 no Paraninfo da UDC. O encontro, que leva por título 'Formación continua, socialización e benestar. O espírito que nos une', está organizado pola Confederación Estatal de Asociacións e Federacións de Alumnos e Exalumnos dos Programas Universitarios de Maiores (Caumas), a Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (Fegaus) e a Asociación de Alumnos e Exalumnos da Universidade Sénior da Coruña (Adayeus).
"Esta será unha magnífica oportunidade para explorar, aprender e compartir experiencias sobre temas vitais para o desenvolvemento das nosas persoas maiores", indicou Nereida Canosa durante a súa intervención. A concelleira destacou o traballo levado a cabo polo Goberno de Inés Rey na cidade a través de programas como Coruña Acompaña, con actividades e programas específicos para persoas de idade avanzada.
"Dende o Concello seguiremos apoiando iniciativas neste senso. Traballando polos nosos maiores, poñendo en valor a nosa identidade e avanzando cara a unha cidade máis inclusiva e de coñecemento", sinalou Canosa. No acto tamén participaron a deputada provincial e concelleira Yoya Neira, a presidenta de Adayeus, María Luisa Mauriz, a presidenta de Caumas, Marina Troncoso, o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, a doutora da UDC Matilde García Sánchez e o decano da UDC, Ricardo Cao.
19 de octubre de 2024
15 de octubre de 2024
15 de octubre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible