Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de marzo de 2025

Nova sesión da actividade «Viaxe ao centro do Aquarium» o sábado 29 de marzo

O público poderá coñecer as instalacións técnicas e os sistemas de funcionamento interno do centro da man do seu persoal especializado

O Concello da Coruña organiza unha nova edición da actividade divulgativa «Viaxe ao centro do Aquarium», que terá lugar o sábado 29 de marzo no Aquarium Finisterrae. Esta proposta, que forma parte das accións promovidas polo actual Goberno municipal para achegar a ciencia á cidadanía, permite descubrir os espazos técnicos e os procesos que fan posible o funcionamento diario do acuario.

Durante a visita, o persoal técnico do centro guiará ás persoas participantes polas zonas de bombeo, filtración, laboratorio, cociña, corentenas e a sala de cultivos auxiliares. A actividade busca amosar os recursos e sistemas que se empregan para manter en condicións óptimas os millóns de litros de auga mariña que circulan cada día polos tanques do acuario, así como responder ás inquedanzas do público sobre a xestión e conservación da biodiversidade mariña.

Con este tipo de propostas, o Goberno de Inés Rey continúa a impulsar espazos de coñecemento abertos, accesibles e de interese para toda a veciñanza, e reforzando o compromiso coa divulgación científica e a educación ambiental.

A visita está dirixida a persoas maiores de 16 anos, cun aforo máximo de 12 participantes. O prezo da entrada é de 10,30 euros, sendo gratuíta para membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, titulares da tarxeta Vente e persoas con discapacidade.

As entradas estarán dispoñibles desde as 9.00 h do xoves 27 de marzo, na plataforma en liña https://ticketing.coruna.gal/mc2/trastiendaaf/.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión