Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de junio de 2024

A alcaldesa, o concelleiro, voluntarios, alumnos e alumnas de centros educativos, persoal técnico do museo e o presidente da Sociedade Filatélica leron unha declaración conmemorativa da efeméride

O Aquarium Finisterrae celebra o seu 25 aniversario cun selo conmemorativo e unha exposición filatélica

Inés Rey: “O Aquarium é un símbolo e tamén o noso museo máis visitado, superando os 6,5 millóns de persoas”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu o acto de conmemoración do 25 aniversario do Aquarium Finisterrae. O evento tivo lugar esta mañá na Sala Nautilus e contou coa presenza do concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro. Leuse unha declaración conmemorativa, na que participaron, ademais da rexedora e do edil, o director técnico do Aquarium Finisterrae, Francisco Armesto, alumnos e alumnas do CEIP Torre de Hércules, membros da Asociación de Amigos dos Museos Científicos, voluntarios do centro cívico de Monte Alto e traballadores do Aquarium Finisterrae.

"O Aquarium é un símbolo e tamén o noso museo máis visitado, superando os 6,5 millóns de persoas", sinalou a alcaldesa, que destacou as diferentes accións que está a levar a cabo o Concello no Aquarium, como a mellora integral do sanatorio de focas, que permitirá atender aos once exemplares que hai na actualidade en condicións óptimas, ou a creación dun mural único no mundo polas súas características na sala Maremagnum, que é obra de Manuel Suárez e leva por nome 'Atlántico'.

Ademais da lectura, tamén se presentou un selo conmemorativo promovido polo Concello en colaboración coa Sociedade Filatélica da Coruña, que estivo representada polo seu presidente, José Luis Rey Barreiro. O selo, emitido por Correos a través da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, está ilustrado cunha imaxe da sala Nautilus. Estes selos, acompañados cunha tarxeta portadora, estarán dispoñibles para coleccionistas na Sociedade Filatélica da Coruña.

Ademais, presentouse unha exposición filatélica sobre temas mariños, que quedou instalada no Aquarium Finisterrae ata o 25 de xuño. Esta exposición, realizada grazas á colaboración de tres coleccionistas, inclúe aproximadamente 500 selos, emitidos principalmente durante o século XX, tanto nacionais como estranxeiros. A exposición está formada por 3 coleccións:

  • «Fillos da auga», que mostra a diversidade de especies de peixes.
  • «A pesca», que aborda as diferentes técnicas e artes empregadas nesta actividade.
  • «Os grandes mamíferos do mar», dedicada ás baleas.

As actividades polo 25 aniversario do Aquarium Finisterrae, que coincide coa celebración hoxe do Día Mundial do Medio Ambiente, continuarán este sábado, 8 de xuño, que coincide co Día Mundial dos Océanos. Terá lugar unha xornada de portas abertas para a que xa é posible reservar invitacións e ás 12.00 horas a Banda Municipal de Música ofrecerá unha actuación especial xunto co proxecto MIP (Músicas Inclusivas e Participativas).

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión