Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de junio de 2024

O autobús número 5 dará servizo ao Castro de Elviña e Someso cunha nova parada no campus todos os domingos e festivos

O novo servizo comezará a funcionar esta mesma fin de semana e terá unha frecuencia de paso de 22 minutos

Os veciños de Castro de Elviña, Someso e tamén Xuxán contarán desde esta fin de semana cunha nova para de autobús urbano para dar servizo a ditos barrios durante os domingos e festivos. Así o anunciou a alcaldesa, Inés Rey, quen desta forma da resposta a unha antiga demanda realizada desde e a Federación de Asociación de Veciños e tamén desde as entidades veciñais da contorna.

Ata o momento, as veciñas e veciños do barrio dispoñían da liña universitaria que tamén prestaba servizo a esa zona. Mais o bus universitario non ten funcionamento os domingos e festivos. Desde este mesmo domingo (tamén o vindeiro luns, ao ser festivo) haberá unha nova parada, ubicada na avenida da Universidade, entre as dúas rotondas do acceso ao Campus de Elviña, parada convenientemente sinalizada e que formará parte da ruta do número 5. Deste xeito os barrios quedarán cubertos durante os 365 días do ano.

O Concello traballa xa na nova licitación do bus urbano, cuxa concesión remata en decembro deste ano. Ademais, o executivo de Inés Rey mantén en vigor as axudas aos usuarios, que abonan un 50% da tarifa establecida, o que permitiu chegar o ano pasado a unha cifra récord de usuarios, achegándose aos 25 millóns.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión