3 de abril de 2025
O Concello da Coruña apoia esta cita consolidada da música e danza tradicional galega, cunha edición especial de carácter conmemorativo
O Centro Ágora será este sábado, 5 de abril, o escenario da 12.ª edición do Festival Dálle Donaire, unha das citas máis recoñecidas da cultura tradicional galega na cidade, organizada pola Asociación Cultural Donaire co apoio do Concello da Coruña. Esta edición será especialmente simbólica, xa que coincide co 25.º aniversario da fundación da entidade organizadora.
Nesta edición especial, o espectáculo contará coa participación de todos os grupos que integran a escola Donaire, tanto infantís como adultos, co fin de amosar así a ampla diversidade que caracteriza o traballo da asociación. Ao longo da xornada, a veciñanza poderá gozar dun programa de música e baile tradicional galego, con dúas sesións previstas, ás 12.00 h e ás 17.30 h.
A Asociación Cultural Donaire consolidouse nas últimas dúas décadas e media como unha das principais referencias na promoción e transmisión da cultura tradicional galega na cidade, con especial atención ao labor formativo e á participación interxeracional. Un compromiso co que tamén está aliñado o Goberno de Inés Rey, a través do apoio continuado a proxectos culturais de base e á difusión do patrimonio inmaterial galego.
"A celebración do 25º aniversario de Donaire supón unha oportunidade para recoñecer o seu traballo exemplar no ámbito da cultura popular e a súa contribución á vida cultural da cidade", destacou a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.
As entradas para o festival poden adquirirse a través da plataforma en liña Ataquilla.com (https://entradas.ataquilla.com), onde se ofrece a posibilidade de asistir a unha das sesións (cun prezo de 4,50 euros) ou ben de obter un abono conxunto para ambas (por 6,80 euros). Recoméndase á cidadanía retirar as súas entradas con antelación, debido á capacidade limitada do recinto.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible