Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de julio de 2024

O ciclo de películas de culto ‘Cinenterraza’ volve ao Fórum Metropolitano dende este mércores 3, con clásicos de Orson Welles e Ingmar Bergman

A longametraxe ‘Suspiria’, do cineasta Dario Argento, abre o calendario de proxeccións deste mes, organizado polo Concello

O ciclo de películas de culto 'Cinenterraza', organizado polo Concello, volve a partir deste mércores 3 ao Fórum Metropolitano, cunha ampla programación de longametraxes clásicas que inclúe títulos de cineastas de prestixio como Dario Argento, Orson Welles e Ingmar Bergman, entre outros.

Será precisamente o director de cine italiano o que abrirá o calendario de proxeccións, con Suspiria, unha obra mestra do xénero do terror, protagonizada por Jessica Harper. Proxectarase o mércores 3, ás 22.30 horas.

Suspiria marcará o punto de partida dun ciclo que tamén recupera clásicos como Une histoire immortelle (Unha historia inmortal, de Orson Welles e Jeanne Moreau, Le trou (A evasión), dirixida por Jacques Becker e cun elenco encabezado por Philippe Leroy, Viskningar och rop (Berros e murmurios), de Ingmar Bergman con Harriet Anderson á fronte, e a australiana Walkabout, de Nicolas Roeg.

Todas as películas serán en V.O.S. e irán precedidas dun coloquio inicial no que Javier Trigales, programador cultural, guionista e coordinador do ciclo, fará unha sinopse previa na que achegará ao público os principais detalles e información sobre a longametraxe da xornada.

Coa posta en marcha desta 12ª edición de 'Cinenterraza', o Goberno de Inés Rey reforza a programación cultural prevista nesta tempada estival e amosa o seu compromiso co audiovisual, dando continuidade ás boas experiencias previas en ciclos como 'As mellores películas da historia' ou 'Colón Noir', que tamén recolleron títulos de cine clásico.

As entradas para asistir ás proxeccións xa están á venda. Poden adquirirse a través da páxina web de Ataquilla, así como no despacho de billetes do IMCE na praza de Ourense. Tamén se habilitará a súa venda no Fórum Metropolitano os mesmos día das proxeccións, sempre e cando haxa pases dispoñibles.

Consulta aquí a programación completa ata finais de xullo

'Cinenterraza' terá lugar ata finais do mes de xullo, con cinco proxeccións previstas no seu calendario. Estas son as datas e horarios:

  • Mércores 3 de xullo (22.30): Suspiria, de Dario Argento
  • Mércores 10 de xullo (22.30): Une histoire immortelle, de Orson Welles
  • Mércores 17 de xullo (22.30): Le trou, de Jacques Becker
  • Mércores 24 de xullo (22.30): Viskningar och rop, de Ingmar Bergman
  • Mércores 31 de xullo (22.30): Walkabout, de Nicolas Roeg

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión