14 de decembro de 2024
A partir do luns 16 poderanse renovar os abonos e as entradas para público xeral sairán á venda o 9 de xaneiro
O Teatro Rosalía de Castro presenta estes días a súa programación teatral para o primeiro semestre do 2025, o Ciclo Principal de Primavera. Durante os vindeiros meses representaranse un total de 13 obras, entre as que haberá unha estrea absoluta e varias producións de relevancia nacional.
"O Goberno de Inés Rey sabe do potencial do Teatro Rosalía de Castro, un recinto referente a nivel nacional que seguirá acollendo as mellores representacións teatrais galegas e estatais, afianzando á Coruña como o gran referente cultural que é", sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. O edil tamén celebrou que o teatro público municipal acadase neste 2024 o récord histórico de abonos na temporada de Primavera.
Nesta nova tempada destacan obras producidas polo Centro Dramático Nacional, como é o caso de '1936' ou 'Forever'. Tamén se representará por primeira vez 'Reconversión', de Santiago Cortegoso, pondo de manifesto o apoio do Concello á creación de Galicia. "A programación deste ciclo ten un sentido propio para que todos os públicos poidan gozar de obras moi diferentes entre si pero dunha calidade incuestionable", sinalou Gonzalo Castro. O broche de ouro porao a obra 'La colección', que está protagonizada polo veterano e reputado actor José Sacristán.
Este luns 16 de decembro abrirase o prazo para que as persoas abonadas renoven o seu pase con vistas ao Ciclo Principal de Primavera 2025. Estará habilitado ata o 2 de xaneiro. O día 3 quedará reservado especificamente para cambios de abono. O prazo de altas correspondente a novas persoas abonadas abrirase do 4 ao 7 de xaneiro, e será a partir do 9 de xaneiro ás 11.00 horas cando se activará a venda de entradas soltas.
Toda a información sobre os prezos dos abonos e as condicións xerais de cara á nova tempada do Ciclo poden consultarse na páxina web do Concello. O Ciclo Principal de Primavera está organizado polo Concello da Coruña e conta co apoio da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Programación do Ciclo Principal de Primavera 2025
Programa completo do Ciclo Principal de Primavera 2025 (568 KB)
19 de decembro de 2024
17 de decembro de 2024
3 de decembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible