29 de abril de 2022
Coruña10, no seu obxectivo de promover a práctica deportiva de menores de idade, animou os centros educativos a participar na súa décimo sexta edición; o que máis escolares achegase tería un premio de 500 euros en material deportivo
A proba máis popular do atletismo coruñés, Coruña10, celebrou o pasado 24 de abril a súa décimo sexta edición e nela premiábase a participación do alumnado dos centros educativos.
O que máis representación tivo nas carreiras de menores, que regresaron nesta edición tras o parón da pandemia, foi o Colexio Montespiño-Peñarredonda.
Grazas aos seus e ás súas escolares e á colaboración de Decathlon, este centro leva un premio de 500 euros en material deportivo.
Coruña10, coa organización do Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo, promoveu a participación de menores de idade ao considerar que o deporte, os seus valores, e a actividade física son claves para unha vida saudable.
Con esa pretensión, animou os centros educativos a sumarse á carreira co lema "chista máis participar que gañar".
As persoas menores de 18 anos dispuxeron de inscrición gratuíta, recibiron unha camiseta de agasallo e, ademais, no caso da categoría Peques, unha medalla por participar.
13 de decembro de 2024
22 de novembro de 2024
28 de outubro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible