Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de xullo de 2024

O Concello abre este xoves 4 o prazo de solicitude para optar a prazas nas Escolas Infantís Municipais de cara ao vindeiro curso

O Goberno de Inés Rey daralle continuidade á gratuidade das escolas infantís, unha iniciativa posta en marcha no pasado mandato e coa que o Concello da Coruña foi pioneiro en Galicia

O Concello da Coruña abre este xoves o prazo de solicitude para optar ás 132 prazas dispoñibles na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) con vistas ao vindeiro curso 2024-25.

Estas prazas repartiranse entre as EIM A Caracola (Novo Mesoiro), Agra do Orzán, Arela (Elviña), Carricanta (O Castrillón), Os Rosales, Luís Seoane (Monte Alto), Monte Alto e Os Cativos (Palavea). Algo máis da metade das vacantes ofertadas nesta nova convocatoria correspóndense coas aulas de 2-3 anos, para nenos e nenas nados no 2022. Ademais, hai 6 prazas para crianzas de 1-2 anos e 54 vacantes para as e os pequenos nados este ano.

A distribución, por Escolas Infantís Municipais, é a seguinte:

AULAS A CARACOLA

AGRA DO ORZÁN

ARELA CARRICANTA OS ROSALES LUÍS SEOANE MONTE ALTO OS CATIVOS
0-1 (2024) 5 11 2 9 10 3 0 14
1-2 (2023) 0 0 0 0 0 0 1 5
2-3 (2022) 4 11 11 13 17 0 1 15

Cómpre lembrar que o Concello sufragará novamente o custo íntegro das oito horas de atención educativa. Desta forma, o Goberno de Inés Rey daralle continuidade á gratuidade das escolas infantís, unha iniciativa posta en marcha no pasado mandato e coa que o Concello da Coruña foi pioneiro en Galicia.

A información completa pode consultarse na páxina web do Concello. Tamén o extracto da convocatoria, publicado hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

O prazo de solicitude, aberto ata o vindeiro mércores 10

A convocatoria de prazas na REIM estipula cinco días hábiles para a tramitación de solicitudes para novos ingresos, polo que o prazo estará aberto entre este xoves 4 e o vindeiro mércores 10 de xullo

A seguinte data a ter en conta no calendario da convocatoria é o 12 de xullo, cando se publicará a listaxe provisional. Abrirase entón un prazo de alegacións e reclamacións entre o 15 e 17 de xullo. As listaxes definitivas publicaranse o 22 de xullo. Finalmente, a matrícula poderá formalizarse do 29 ao 31 de xullo.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión