Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de xuño de 2024

O Concello achégalle 30.000 euros á Asociación Párkinson Galicia-Coruña para reforzar o traballo da entidade

A alcaldesa subliña a intensa colaboración entre a Concellaría de Benestar Social e a entidade de referencia das persoas que sofren esta enfermidade

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o presidente da Asociación Párkinson Galicia-Coruña, Antonio Ferreiro Campillo, asinaron no palacio de María Pita un convenio por importe de 30.000 euros para os seus programas de apoio á autonomía persoal das persoas que sofren esta enfermidade neurodexenerativa.

"Este acordo inscríbese na colaboración fluída e constante do Concello coa entidade de referencia na atención ás persoas con párkinson na nosa cidade", sinalou Rey. O Goberno de Inés Rey impulsou un proxecto de formación en coidados para as persoas maiores e dependentes da cidade que reciben asistencia a domicilio da man de cinco entidades sociosanitarias da cidade, entre as que se atopa a Asociación Párkinson Galicia-Coruña.

Neste ano 2024, o Concello mantén convenios nominativos por máis de tres millóns de euros con entidades que traballan pola inclusión, a loita contra as adiccións, as persoas maiores, a infancia, a discapacidade e a defensa dos dereitos e o benestar de persoas enfermas e as súas familias.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión