5 de agosto de 2024
A superficie de xogo será renovada por un céspede artificial de última xeración. Tamén se levarán a cabo actuacións nos espazos de paso aos vestiarios e ás bancadas
A alcaldesa, Inés Rey, fixo balance esta mañá dos asuntos máis destacados que se aprobarán esta semana na Xunta de Goberno Local, que dará luz verde a diversas intervencións en materia de infraestruturas deportivas na cidade, que suporán un investimento de 800.000 euros, no seu conxunto.
Unha das actuacións principais é o plan de melloras previsto no campo de fútbol Víctor Fernández Alonso, a Leyma, onde a superficie de xogo será renovada por un céspede artificial de última xeración. Tamén se substituirán as porterías de fútbol 11 e fútbol 7, así como as marquesiñas dos bancos. Ademais, tamén se remodelará a rede de rego existente actualmente, que pasará a incorporar un programador automático.
Outra das medidas destacadas será a intervención nos espazos de paso ao edificio dos vestiarios, onde se renovará o firme. O plan de obra tamén inclúe a construción dunha rampla á zona de entrada ás bancadas, o que lles facilitará o acceso ás persoas con mobilidade reducida.
A maiores, o Concello saneará o muro perimetral do campo, e renovaranse tanto o balado sur como as redes perimetrais que evitan a saída de balóns aos espazos exteriores do campo. A previsión é que os traballos, unha vez que se adxudiquen, se executen nun prazo de tres meses.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible