Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de decembro de 2024

O Concello activa este luns o dispositivo especial de seguridade de Nadal ‘Comercio Seguro’

A Policía Local terá máis presenza en puntos de grande afluencia comercial. Ademais, efectuaránselle controis itinerantes ás e aos conductores de vehículos ao longo destas datas festivas

O Concello da Coruña activou este luns o dispositivo especial de seguridade 'Comercio Seguro' de cara ao Nadal, que se manterá ata o 8 de xaneiro ante o previsible incremento da afluencia de persoas nas rúas da cidade ao longo destas datas festivas, tamén dos desprazamentos en transporte público e vehículo privado.

"Reforzaremos a vixilancia nas rúas, especialmente nas que teñen un carácter comercial, como medida preventiva para disuadir fronte a posibles feitos delictivos", recalcou a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz, que precisou que haberá patrullas de zona da Policía Local en puntos como a rúa Barcelona, a zona centro -ben a pé ou con vehículos motorizados-, o sector de Catro Camiños e A Cubela que inclúe ás rúas Alcalde Marchesi, Ramón y Cajal e Alcalde Pérez Ardá, e tamén o centro comercial Marineda City, entre outras ubicacións con grandes concentracións de persoas.

Dentro das medida de seguridade postas en marcha polo Concello, a alcaldesa presentou nas últimas semanas o proxecto piloto da app para comerciantes que se está a desenvolver nos barrios da Agra do Orzán e Catro Camiños. Este sistema enlaza aos negocios adheridos coa Policía Local directamente a través do móbil, permitindo intervencións máis rápidas en caso de necesidade.

Controis itinerantes

A isto sumaranse, ademais, medidas en materia de mobilidade, co obxectivo de axilizar o tránsito de vehículos e mellorar a fluidez do transporte público nos seus respectivos itinerarios. Por exemplo, controlando o percorrido das liñas 11, 23 e 23-A, que dan servizo ou pasan preto de grandes superficies comerciais como a de Catro Camiños ou precisamente Marineda City.

Neste sentido, tamén está previsto que as forzas da Policía Local estean dispoñibles en horario de mañá e tarde en distintos puntos para axilizar a circulación nas arterias de acceso á cidade ou a espazos comerciais de grande afluencia.

"Entre as medidas de seguridade viaria que temos previstas tamén haberá controis itinerantes ás e aos conductores de vehículos", indicou a concelleira, que instou a "ter responsabilidade ao volante, pensando na seguridade de todas as persoas que nos arrodean".

Coordinación entre as diversas unidades da Policía Local

O dispositivo especial de seguridade e tráfico previsto na Coruña durante este Nadal contará coa implicación das e dos profesionais do Centro Integral de Mobilidade (CiMob), da sala do 092 e tamén das unidades de seguridade de edificios, atestados de tráfico e disciplina viaria.

No caso da sala de control de tráfico, o seu papel é fundamental para establecer ciclos específicos para a regulación semafórica en función da intensidade e fluxos de circulación.

Ademais dos axentes da Policía Local, reforzarase tamén nas rúas da cidade a presenza de axentes doutros corpos como a Policía Nacional.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión