Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de octubre de 2024

Dende o 2021 levouse a cabo o informe e limpeza de máis de 30.000 pintadas a través do servizo municipal, 8.000 no que vai de ano

O Concello adxudica a xestión da Oficina Virtual do Grafiti para o control e limpeza das pintadas na cidade

O servizo, posto en marcha polo Goberno de Inés Rey no pasado mandato, conta cun investimento de case 60.000 euros anuais

O Concello da Coruña adxudicou esta mañá a xestión da Oficina Virtual do Grafiti da Coruña para o control e limpeza das pintadas ilegais na cidade. O servizo, posto en marcha polo Goberno de Inés Rey no pasado mandato, conta cun investimento de case 60.000 euros anuais.

O servizo ten como obxectivo reforzar a xestión das pintadas e dispoñer dunha ferramenta máis áxil e eficaz para o seu control e eliminación. A empresa adxudicataria é Orion Analistas S. L. U. que se encargará da base de datos actualizada dos grafitis non autorizados así como a identificación de grafiteiros activos. Desde a súa posta en marcha no 2021 levouse a cabo a retirada de máis de 30.000 pintadas, das cales 10.448 foron só no pasado ano. De media, a brigada limpa 28 pintadas por día, o que supón entre catro e cinco por cada intervención. En canto a este 2024, o Concello levou a cabo 1.708 actuacións realizadas no que vai de ano cunha media de seis pintadas limpas por intervención. En total, a través do servizo limpáronse aproximadamente 8.000 pintadas.

A Oficina Virtual do Grafiti conta con catro canles de información: a veciñal, segundo a cal a cidadanía pode avisar da aparición de novas pintadas en zonas xa limpas a través do 010 ou no formulario dispoñible na web da Oficina Virtual do Grafiti; a empresa de limpeza viaria; a empresa de contenerización; e, por último, a Policía Local. Así mesmo, co novo contrato de xestión o Concello impartirá, a través da Oficina Virtual do Grafiti, nove talleres ou charlas formativas anuais para a sensibilización e concienciación sobre as pintadas ilegais no espazo urbano. As charlas serán impartidas nos centros educativos. Ademais, realizarase un inventario de muros libres que sirvan para a creación de grafitis autorizados.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión