Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

16 de abril de 2025

O Concello adxudica os traballos de humanización da rúa da Tolerancia, na contorna da praza de Cidade Escolar

A actuación, que se executará nun prazo de catro meses, conta cun orzamento de 87.000 euros

O Concello da Coruña adxudicou os traballos de humanización da rúa da Tolerancia, na contorna da praza da Tolerancia, en Cidade Escolar. Esta actuación promovida polo Goberno de Inés Rey conta cun orzamento de máis de 87.000 euros e un prazo de execución de catro meses.

"Desde o Goberno municipal buscamos crear un espazo seguro para as persoas, dando prioridade a viandantes e gañando novas zonas verdes e de lecer", indicou a alcaldesa, Inés Rey. Esta actuación, compromiso da alcaldesa cos veciños e veciñas da contorna, suporá a peonalización da rúa e a creación dunha plataforma única, con novo mobiliario urbano e máis zonas verdes e árbores.

Ademais, tamén se procederá á repavimentación das beirarrúas e da calzada, así como á renovación dos servizos de fecais e pluviais, dotando de nova canalización municipal a ambas marxes da vía." O obxectivo é priorizar o tránsito peonil a través da peonalización total da rúa, o que suporá tamén unha mellora da seguridade viaria na contorna dun parque infantil e dunha pista multideporte", apuntou Noemí Díaz, concelleira de Infraestruturas e Mobilidade.

A actuación dará continuidade á praza da Tolerancia, ampliándose ata os edificios e mellorando o tránsito lonxitudinal entre a praza do Almirante Romay e a ría Arxentina. Ao longo da rúa ampliaranse as zonas verdes e nun novo corredor, plantando novas árbores. Crearase unha nova beirarrúa de formigón e un camiño paralelo ao parque de cemento. Tamén se colocará novo mobiliario urbano ao longo da vía.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible