Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de agosto de 2024

O Concello adxudicará este mércores as obras de urbanización do novo viario entre a Sardiñeira e a avenida de Arteixo

A alcaldesa, Inés Rey, puxo en relevancia esta intervención, coa que se poderá absorber o tráfico específico que teña como orixe ou destino a estación intermodal da Coruña

A Xunta de Goberno Local aprobará pasadomañá a adxudicación das obras de urbanización do viario que conectará a avenida da Sardiñeira coa avenida de Arteixo, unha intervención que forma parte dos compromisos asumidos polo Goberno municipal no contexto das obras de construción da nova estación intermodal da Coruña.

A construción deste novo viario prevese fundamental por dous motivos: o primeiro, para garantir unhas conexións adecuadas entre as dúas avenidas, mellorando así a accesibilidade ao barrio dos Mallos; e por outra banda, porque con esta intervención poderase absorber o tráfico específico que teña como orixe ou destino a propia intermodal -xa que a práctica totalidade de liñas de autobús accederán á estación por este acceso- o que lle dará unha maior fluidez ao tráfico rodado nun dos principais puntos de acceso á cidade.

A empresa Vázquez y Reino será a encargada de executar os traballos, que suporán un investimento de 2,1 millóns e que, desde a súa posta en marcha, se deberán completar nun prazo de 18 meses.

"Desta forma, avanzamos na remodelación integral dos espazos públicos na Sardiñeira e a súa contorna, unha transformación clave tanto para a cidade como para o barrio en si, polo que suporá en termos de melloras de accesibilidade, transporte e dinamización económica", expuxo esta mañá a alcaldesa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión