Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de septiembre de 2024

A intervención conta cun orzamento de 39.962,26 euros e un tempo de execución de dous meses

O Concello amplía a área biosaudable de Palavea, cuadruplicando a súa superficie

A área actual pasará de 20 m2 a 90 m2, distribuída en dúas zonas e seis novos elementos de xogo individuais

O Concello da Coruña iniciou os traballos para a ampliación da área biosaudable do barrio de Palavea, localizado na parte posterior do bloque 7. O obxectivo é dotar ao barrio dun equipamento de xogo renovado con máis elementos, ampliando a súa superficie.

Na actualidade, a área conta con diversos elementos distribuídos sobre unha superficie de caucho de aproximadamente 20 m². Coas obras postas en marcha polo Goberno de Inés Rey, o parque pasará a contar con 90 m2, cuadriplicando a súa superficie. Esta esará dividida en dúas zonas próximas entre si, ambas pavimentadas con caucho de cores.

Tamén se instalarán seis novos xogos para maiores de 13 anos, substituíndo a anterior estrutura combinada. Instalarase unha bicicleta deportiva e unha de brazos, un step asistido, unha roda de estiramentos, unha presa inclinada e unhas barras paralelas. Os xogos novos individuais permiten ás persoas usuarias facer uso simultáneo dos xogos con maior liberdade.

Ademais da ampliación, o Concello acometerá a renovación do pavimento actual igualando a superficie das dúas novas áreas. Tamén se retirarán os elementos de xogo actuais para a súa restauración e instalarase un novo cartel informativo da área biosaudable, con indicacións de seguridade e uso.

A intervención, que conta cun orzamento de 39.962,26 euros, enmárcase na plan impulsado polo Goberno de Inés Rey para a mellora das áreas biosaudables e equipamentos deportivos nos barrios da Coruña. O tempo de execución dos traballos é de dous meses. 

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión