Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de junio de 2024

O Concello amplía o apoio económico a ADACECO para financiamento do servizo de respiro familiar, apoio e orientación a familias coidadoras

A alcaldesa asinou co presidente da entidade o convenio nominativo polo que o Concello achegará un total de 20.000 euros, 2.000 máis que o pasado ano

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asinou no palacio de María Pita co presidente da Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO), Juan Luis Delgado, un convenio por importe de 20.000 euros, 2.000 máis ca o ano pasado, destinado ao financiamento do servicio de respiro familiar. O programa ten como obxectivo dar apoio e orientación a familias coidadoras das persoas con dano cerebral adquirido.

"As entidades como Adaceco, grazas ao traballo e a entrega das familias dos pacientes, forman o tecido social imprescindible para que as administracións públicas poidamos chegar a máis persoas e con maior eficacia" dixo Inés Rey. "Por iso reforzamos a nosa colaboración con eses familiares coidadores, entre os que hai maioría de mulleres, que merecen apoio e recoñecemento", engadiu. Ademais, o pasado mes de maio, o Concello presentou un proxecto de formación en coidados para as persoas maiores e dependentes en colaboración con con cinco entidades sociosanitarias da cidade, do que forma parte Adaceco. 

A asociación leva máis de 20 anos traballando por e para as persoas afectadas de dano cerebral adquirido e as súas familias, contribuíndo a mellorar a súa calidade de vida a través dunha atención interdisciplinar. O Goberno de Inés Rey levou a pleno en marzo deste ano 2024 a aprobación definitiva do estudo de detalle, aprobado por unanimidade, para a construción do novo centro de día de Adaceco en Eirís. Cuestión moi demandada pola entidade.

Neste ano 2024, o Concello mantén convenios nominativos por máis de tres millóns de euros con entidades sociais.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión