Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xuño de 2024

O Concello apoia o traballo de SOS Racismo en favor da inclusión social das persoas migrantes

A alcaldesa e a presidenta da entidade asinaron dous convenios por importe de 39.000 euros para a o asesoramento e a loita contra a xenofobia

A alcaldesa, Inés Rey, e a presidenta de SOS Racismo Galicia, Sonia Mendes da Silva, asinaron no Palacio de María Pita a renovación de dous convenios de colaboración entre Concello e entidade, polos que a administración local achega un total de 39.000 euros para loitar contra a xenofobia.

Un dos con convenios, por importe de 20.000 euros, está destinado a financiar programas de inclusión social e gastos xerais da entidade derivados dos programas. A ese súmase un convenio por importe de 19.000 euros destinados ás actividades e uso da oficina de información e asesoramento para casos de racismo e xenofobia da entidade.

Inés Rey valorou o traballo de SOS Racismo para que A Coruña siga sendo "unha cidade aberta, acolledora e inclusiva coas persoas migrantes e na que non caben as actitudes racistas e xenófobas". Lembrou que o Concello conta con ferramentas municipais de apoio á poboación migrante, como a Unidade de Asesoramento ás Migracións (UAMI). "Este programa completa os servizos que poñemos á disposición desde o Concello coa UAMI, ofrecendo orientación e asesoramento xurídico, social e laboral así como apoio educativo á poboación menor e adolescente migrante e aos seus familiares a través da Escola Intercultural" concluíu.

Neste ano 2024, o Concello mantén convenios nominativos por máis de 3,7 millóns de euros con entidades que traballan pola inclusión, o benestar social, a igualdade e a atención de colectivos vulnerables.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión