Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de xuño de 2024

O Concello aproba a expropiación de 120.000 m2 para a ampliación da Planta de Residuos de Nostián

O Concello aboará en total de 269.237,78 euros, dividido nas persoas titulares das parcelas

A Coruña, 12 de xuño de 2024.- A alcaldesa, Inés Rey, presidiu este mércores a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, que aprobou inicialmente o proxecto de expropiación de terreos para a ampliación da Planta de Residuos de Nostián.

En total, o proxecto recolle 91 parcelas do polígono 13 que se corresponde cunha superficie de 122.512,56 m2 entre todos os terreos. Rey explicou que se trata da primeira fase das expropiacións previstas, á que se sumará outra semellante para completar a ampliación da planta.

O prezo unitario por metro cadrado improdutivo ou matorral fixouse en 0,51 €, 2,67 € no caso de monte maderable e 22,36€ no de labradío. O Concello aboará en total de 269.237,78 euros, dividido nas persoas titulares das parcelas. O investimento corre a cargo do Orzamento Municipal de 2024. "Este é un paso necesario para a licitación da renovación de Nostián, proceso que estamos ultimando e que suporá un investimento de 368 millóns de euros" sinalou a alcaldesa.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión