Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de julio de 2024

O Concello avanza na renovación da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias coa intervención no campo número 1

Aberta a contratación para a substitución do céspede artificial, do sistema de rega e do equipamento desta instalación deportiva municipal, que pasará a estar homologada para fútbol e hockey

O Concello da Coruña iniciou os trámites de licitación das obras de reforma do campo de fútbol número 1 da Cidade Deportiva da Torre - Arsenio iglesias. Deste xeito, o Goberno de Inés Rey completará a substitución de todos os terreos de xogo, con máis de 20.000 metros cadrados de céspede artificial renovados e un investimento de case 1,4 millóns de euros.

Neste caso, os traballos centraranse na renovación integral da superficie, a mellora da instalación de rega e a substitución do equipamento asociado, como porterías e bancos. O orzamento deste proxecto é de 419.000 euros, IVE incluído, e os traballos desenvolveranse ao longo de oito semanas. O campo pasará a estar homologado pola normativa oficial das federacións deportivas de fútbol e jockey, o que permitirá realizar encontros oficiais de ambos deportes.

Esta actuación forma parte do plan de mellora da Cidade Deportiva da Torre - Arsenio Iglesias, que inclúe diferentes actuacións relevantes como a substitución das varandas. O Goberno de Inés Rey busca con estas actuacións mellorar a experiencia das persoas usuarias dunha das instalacións deportivas máis completas de Galicia, que conta tamén cunha renovada iluminación led en todos os seus campos.

"A Cidade Deportiva da Torre - Arsenio Iglesias é usada cada semana por miles de persoas e a nosa alcaldesa, nestes cinco anos desde a súa chegada ao Goberno municipal, busca o benestar de deportistas e asistentes, atendendo demandas históricas como a apertura dunha cafetería nas instalacións", sinalou Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión