Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de maio de 2024

O Concello avanza nas obras de reurbanización de San Andrés, coa reapertura ao paso do tráfico rodado na rúa Sol, ata o Paseo Marítimo

Hoxe comezaron os traballos no cruzamento entre Torreiro, Cordonería e a estreita de San Andrés. Será preciso cortar o paso de vehículos durante uns días, ata completar as melloras previstas neste enclave

Avanzan as obras de reurbanización da rúa San Andrés, onde nas últimas semanas xa se habilitou de forma progresiva o tránsito rodado das e dos residentes desde os vados próximos á igrexa Castrense e á rúa Pórtico de San Andrés.

Neste sentido, o Concello abriu hoxe á circulación de vehículos o treito da rúa Sol ata o seu cruzamento coa rúa Orzán, onde xa remataron os traballos de formigonaxe no carril central da rúa, o correspondente á calzada. Dado que esta actuación xa se acometeu previamente na sección comprendida entre as rúas Orzán e Socorro, as intervencións de mellora asociadas exclusivamente á calzada da rúa Sol quedan finalizadas, abríndose ao paso de vehículos.

Desta forma, as persoas residentes poderán saír directamente pola rúa Sol en dirección ao Paseo Marítimo, así como desviarse polas rúas Orzán ou Socorro en función do seu percorrido.

A maiores, tamén este martes, habilitouse un espazo de paso para o tráfico rodado ao longo da rúa San Andrés, en paralelo ao acceso principal á igrexa castrense, o que permitirá aos residentes dos vados 41-43 e 27 acceder directamente aos seus garaxes, entrando desde a rúa Pórtico de San Andrés.

Desde hoxe, traballos no cruzamento entre Torreiro, Cordonería e a estreita de San Andrés

Este martes 21 tamén comezou unha nova fase de traballos no treito final da rúa San Andrés. Concretamente no cruzamento entre Torreiro, Cordonería e a estreita de San Andrés, onde se cortará o tráfico rodado co obxectivo de executar as obras de demolición sobre o firme lastrado existente neste enclave, para a posterior renovación do pavimento con formigón desactivado, tal e como está previsto dispor no resto da calzada de San Andrés.

Tanto a demolición das lastras coma os traballos de formigonaxe levaranse a cabo nun prazo aproximado de catro días, sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables. 

Tras isto, procederase á reapertura peonil deste treito, 48 horas despois de que se ultimen os detalles asociado á formigonaxe. Para reabrir o paso ao tráfico rodado será preciso agardar un pouco máis, ata cinco días despois de que rematen a formigonaxe, pola necesidade de que o novo firme da calzada estea nas mellores condicións posibles para soportar o tránsito de vehículos.

O acceso aos garaxes da rúa Torreiro levarase a cabo desde a rúa San Andrés, dado que Cordonería e a estreita de San Andrés estarán afectadas polo corte temporal do tráfico derivado das obras no cruzamento.

Cómpre lembrar que, polo momento, a zona delimitada para carga e descarga manterase nos espazos xa acoutados previamente na rúa Marqués de Pontejos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión