Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

31 de xaneiro de 2025

A XGL dá luz verde ao texto da nova ordenanza municipal que regulará as Vivendas de Uso Turístico

O Concello certifica que A Coruña cumple cos requisitos para a declaración de Zona de Mercado Residencial Tensionado

O Concello remitirá á Xunta o informe detallado por distritos e seccións censuais e solicitará a adopción desta medida para conter os prezos e garantir o acceso da cidadanía á vivenda

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, participaron esta mañá nunha nova xuntanza da Mesa Sectorial de Vivenda, na que estiveron representados boa parte dos axentes e entidades vinculadas ao sector. No encontro o Concello presentou a memoria xustificativa para a declaración da Coruña como Zona de Mercado Residencial Tensionado, un documento no que se conclúe que a cidade cumple cos requisitos para a súa declaración, tal e como recolle a Lei estatal de Vivenda.

Francisco Díaz Gallego confirmou xunto á alcaldesa, Inés Rey, que A Coruña "cumple con todos os criterios para declarar tanto o municipio en conxunto como para facelo por distritos ou seccións" como ZMRT. "Segundo este estudo encargado polo Concello e que se basea en datos dos seus dez distritos censuais e 186 seccións censuais, na cidade cumplimos con ambos criterios nun 50% dos distritos e nun 70% das seccións", indicou Díaz Gallego.

A Lei estatal de Vivenda recolle que para que unha cidade sexa declarada como ZMRT ten que cumplir dous requisitos: •     Que o custo da hipoteca ou aluguer máis os gastos derivados da vivenda superen o 30 % da renda media dos fogares e que o prezo de compra ou aluguer experimentase un crecemento nos últimos cinco anos un 3% superior ao IPC. "É, realmente, algo máis que un informe, é unha constantación de que unha parte moi importante da poboación desta cidade destina máis dun 30% dos ingresos familiares á vivenda, unha porcentaxe que supón un auténtico problema para moitas persoas e que temos que buscar a forma de atallar entre todas as administracións", sinalou o edil.

Díaz Gallego lembrou que o Goberno de Inés Rey ten en marcha un importante Plan de Vivenda, con investimentos como os que figuran nos novos Orzamentos Municipais para este 2025, como os 10 millóns de euros para a creación de vivenda en Xuxán.

Francisco Díaz Gallego tamén sinalou os próximos pasos a dar para presentar dito informe á Xunta de Galicia e que esta declare A Coruña como Zona de Mercado Residencial Tensionado. Ábrese agora un período de 15 días de consulta pública, tras o cal volverase a reunir a Mesa Sectorial de Vivenda, trazando o plan municipal de medidas a tomar, que será aprobado en Xunta de Goberno Local e remitido á Administración autonómica no mes de marzo.

Na Mesa Sectorial de Vivenda celebrada esta mañá estiveron presentes, ademais da alcaldesa e o edil, Gloria Montaña, directora de Área de Urbanismo; xunto con representantes de entidades como EMVSA, APROINCO, APECCO, COAFGA, a Federación de Asociacións Veciñais, o Colexio Oficial de Aparelladores, o Colexio de Axentes da Propiedade Inmobiliaria e o Colexio de Arquitectos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible